A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo unha xuntanza por videoconferencia con representantes da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e os sindicatos de CCOO e UXT. Na xuntanza avaliáronse os novos plans e estratexias que se abordarán nas diferentes mesas de traballo ao longo do 2021, no marco do diálogo social, co obxectivo de consensuar as medidas que se porán en marcha este ano para crear emprego de calidade e en igualdade de oportunidades. Tamén se abordou a necesidade de consensuar a continuidade dos apoios económicos aos sectores máis afectados pola covid-19 con medidas que acompañen ás normas sanitarias que se están a adoptar para facer fronte á pandemia e que teñen como único fin protexer a saúde dos galegos e galegas.
16