- Este domingo, aproveitando a feira, repartirán empanada de balde entre aqueles veciños que se acheguen ata a zona da Milagrosa
A formación municipalista Xuntos Carballo M+J cumpre tres anos e segue afianzando a súa folla de ruta, na que se contempla «ter unha atención personalizada para cada persoa, escoitar as súas queixas e reivindicacións ou estar ao carón do que sufre», destaca o seu secretario e voceiro, Xesús Deus Gende, quen ademais volve a remarcar que «o municipalismo é onde todo empeza, onde se teñen que deixar de lado as loitas partidistas, de bloques ou de bandeiras e centrarse no ben común».
Agasallo polo Día das Letras Galegas
Ademais, con motivo do seu aniversario e de cara á celebración da cultura e lingua galegas o próximo día 17, este domingo a formación ofrecerá de balde empanada e lambonadas aos veciños que se acheguen ata a igrexa da Milagrosa así coma un pequeno agasallo. Ao evento tamén acudirán representantes da recente coordinadora M+J Galicia e membros de diferentes partes de España.