29
A agrupación local Xuntos Carballo, a través do seu voceiro Xesús Deus Gende, volveu a solicitar estes días que se proceda á limpeza da maleza e control de especies arbóreas en varias zonas da vila de Carballo. «Unha clara deixadez, entre outras moitas, procede da contorna do barrio do San Cristobo, ao carón da súa igrexa, na rúa Mirtos ou na zona de Pedra Furada», destacan desde Xuntos Carballo despois das queixas que lle traslada a veciñanza.
Desde a formación inciden en que esta problemática tamén se dá na saída dirección Razo, concretamente «na urbanización abandonada, onde numerosas parcelas se atopan sen limpar dando unha imaxe da nosa localidade dun esquecemento palpable».