Xuntos Carballo M+J pide ao Goberno local ‘que prometa menos e faga máis’

1 minutes read

A formación municipalista emitiu un comunicado no que afirma que o 16 de Agosto de 2021 o secretario local e voceiro da formación, Xesús Deus Gende, presentou no Concello por rexistro un escrito cunhas cincuenta firmas de veciños/as  da parroquia de Bértoa, para o acondicionamento de varias rúas. Entre elas a Severiano Soutullo, Pau Casals e Médico Ramón Louzao.

O 23 de Xaneiro deste 2022 saía públicado que a Severiano Soutullo ía ser arranxada no Plan de mellora que ía supoñer uns 200.000 euros de gasto a conta das arcas municipais. Dende Xuntos Carballo afirman que foi «outro engano máis que tenta calar a veciñanza con falsas promesas, por parte duns gobernantes locais centrados nunha constante demagoxia».

«Dende Xuntos Carballo por un mundo máis xusto pensamos que aquelo que se promete ten que cumprirse, por iso instamos a os actuais gobernantes a que se deixen de enganar a ciudadanía con tanta parafernalia e procedan a dar solucións reais as continuas demandas da xente, por elo, pedimos que se acondicionen estas rúas o máis axiña posible para rematar co vergoñento estado en que se atopan», conclúen.