A formación municipalista Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto alertou sobre o perigo que poden causar edificios en estado ruinoso que existen na vila e que se contan por decenas. Este mesmo domingo pola mañá a Policía Local e os Bombeiros tivieron que intervir na caída de cascotes nun destes edificios, neste caso situado na confluencia da rúa Muíño con Emilia Pardo Bazán.
“As edificacións lindeiras sofren humidades ou outro tipo de danos que poden afectar a paredes ou mesmo ás súas propias estruturas. Aos dous recentemente denunciados da rúa San Xoán Bautista, únese un na rúa Saúde, outro na rúa Emilia Pardo Bazán, varios na Vázquez de Parga, etre eles as antigas casas dos mestres, ou a rúa do Sol», denuncian desde a formación carballesa.
“Desde Xuntos Carballo M+J consideramos que de maneira urxente, o concello desde a correspondente área de goberno, debería proceder a determinar que edificios ou casas poden causar danos a terceiros, tanto físicos como materiais e poñer as medidas necesarias para evitar calquera contratempo. Faise necesario poñer o foco de atención na prevención para garantir a seguridade das persoas, automóbiles ou calquera outro tipo de bens, tendo en conta os duros temporais que nos tocan vivir no inverno», sinala o portavoz da formación, Xesús DeusGende.