Xuntos Carballo M+J recolle queixas na parroquia de Bértoa

1 minutes read

O secretario local e voceiro da formación Xesús Deus Gende e o responsable de Seguridade, Tráfico e Mobilidade Perfecto Méndez Lema, desprazáronse ata a «rúa» Escultor Asorey para coñecer de preto o estado do firme desta vía carballesa.

Ambos afirmaron que «recentemente anunciábase que esta vía ía ser arranxada, pero por desgraza tan só foi asfaltada nun tramo. No estado en que se atopa, pódese ver que o único que ten de rúa e o nome, porque o pavimento está cheo de fochancas, desniveis, zahorra… máis ben parece un camiño de gando, ou de séculos pasados».

Dende Xuntos Carballo Por  un Mundo Máis Xusto, pedimos a os gobernantes locais que procedan a arranxala, pois é un auténtico perigo para os vehículos que por alí transitan. «Un estado vergoñento que deixa ollar de novo o grado de deixamento dunha corporación que non ve máis alá do centro do pobo, ou onde a veciñanza fai a correspondente presión a través da recollida de sinaturas, presentadas posteriormente a través do rexistro do consistorio».

Por outra banda a cidadanía solicita a retirada dun vehículo, supostamente abandonado, que leva estacionado da avenida dos Abetos unha morea de tempo, ocupando espazo, polo que piden ás autoridades locais que procedan a solucionar o problema.

Turismo abandonado, segundo Xuntos Carballo.