Xuntos Carballo pide que o Concello actúe para eliminar a maleza nos núcleos urbanos

1 minutes read
  • Estas árbores poden ser un perigo para as vivendas próximas no caso de que se produza un lume

O secretario local da agrupación municipalista Xuntos Carballo, Xesús Deus Gende, achegouse estes días a varias zonas da localidade de Carballo para ver en persoa os problemas que acusan varios veciños no relativo á maleza e ao acondicionamiento de estradas.

Tras o incendio acontecido en Razo este luns, a formación volve a facer fincapé no incumprimento da normativa en referencia á maleza que se atopa preto das casas da rúa Avelino Cachafeiro. «No seu día alertamos da maleza existente na zona e da presenza de eucaliptos fóra da legalidade, máis nada se fixo para a prevención», sinala Gende, quen anima ao Goberno local a que procede a notificar os casos aos donos desas propiedades para que actúen en consideración ou, de ser o caso, que se tomen medidas desde o Concello.

A segunda queixa chega dende a rúa Escultor Asorey, onde enlaza unha estrada asfaltada con outra con zahorra, e na que existe un burato «que fai que os vehículos batan embaio co risco de graves danos». Por este motivo dende Xuntos Carballo solicitan que o concello actúe e solucione esta problemática.