- Habilitarán un local no lugar de Casaldares para que os veciños poidan informarse mellor dunha iniciativa desenvolta por M+J
‘Xuntos Carballo por un mundo máis xusto’ planea unha xuntanza con entidades sociais do municipio para coñecer de primeira man as necesidades e reivindicacións das mesmas. Ademais, a formación tamén ofrecerá axudas económicas para que desenvolvan a súa actividade, unhas achegas que irán contempladas no seu programa electoral para os próximos comicios locais.
Por outra banda, Xuntos Carballo expoñera ás asociacións a acción que está desenvolvendo ‘Por un mundo más justo’ (M+J), o partido do que forma parte a nivel estatal, pola cal se iniciou unha iniciativa lexislativa popular con recollida de firmas para a regularización de persoas migrantes no territorio nacional (sempre e cando cumpran con determinados requisitos).
A formación carballesa será a encargada de recadar apoios entre a veciñanza para esta acción que, segundo afirman, na actualidade está respaldada por máis de 300 entidades nacionais. Polo de agora habilitará un local no lugar de Casaldares, na estrada xeral Carballo-Santiago, para que os cidadáns poidan informarse mellor.