25
- Localizado na rúa Valle Inclán, presenta varias brechas
A formación local Xuntos Carballo solicita a mellora da fachada do edificio Espazo Xove, situado na rúa carballesa Valle Inclán.
«O inmoble precisa, sen dúbida, unha mellora que restaure as fisuras visibles», destaca o voceiro da agrupación, Xesús Deus Gende, quen destaca que isto posiblemente se deba ás «humidades no interior da construción».
Tamén reclaman, a quen lle competa, unha man de pintura e máis mantemento na zona do exterior para volver a darlle vida ao que «antaño foi, e segue sendo, un edificio emblemático para a mocidade».