Xuntos Carballo reclámalle ao Concello que asfalte o exterior do pavillón do CEIP Bergantiños

0 minutes read
  • A formación recibiu varias queixas de pais e nais do alumnado

Xuntos Carballo reclama o acondicionamento do firme no exterior do pabillón do colexio Bergantiños. O secretario local da agrupación, Xesús Deus Gende, recolleu este xoves unha reivindicación dos pais e nais dos nenos escolarizados neste centro onde mostran o seu malestar.

A formación municipal solicítalle ao Concello que proceda ao asfaltado da zona traseira do polideportivo, que actúa coma un camiño de paso para o alumnado, debido a que sempre se forman pozas cando chove.