Yolanda Díaz comprométese a acometer a redución da xornada laboral

1 minutes read

A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, comprometeuse este luns a levar a redución da xornada laboral ata as 37,5 horas ao seo do diálogo social, con sindicatos e patronal, e advertiu de que o fará aínda que a parte empresarial non estea de acordo. Tamén acometerá unha reforma do despedimento para que se adecúe coa Carta Social Europea e conseguir que sexa “disuasorio”. Díaz asegurou que a redución da xornada, que beneficiaría a 12 millóns de asalariados no sector privado, será o principal reto do seu departamento, de maneira que centrará boa parte dos esforzos da carteira no marco do diálogo social. Ao seu xuízo, esta reforma é apoiada tamén por votantes “de dereita e extrema dereita”, segundo unha enquisa á que fixo alusión. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?