Yolanda Díaz, loce uns pendentes de encaixe de Camariñas, agasallo do Concello  

1 minutes read

A vicepresidenta do Goberno, Yolanda Díaz, fixo gala nas súas últimas aparicións públicas duns pendentes de encaixe de Camariñas que lle foron enviados polo Concello como agradecemento polo encontro mantido en FITUR coa alcaldesa, Sandra Insua, e as concelleiras Encarna Liñeiro e Begoña Tajes.

Sandra Insua reuniuse en Madrid coa vicepresidenta e comprometeuse a enviarlle este produto. No envío, acompañando aos pendentes, ía unha invitación a participar na XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas.

Na súa resposta, Yolanda Díaz  salientou o bo traballo que se fai desde o Concello para a comercialización e internacionalización do encaixe e cun “vémonos na Mostra” confirmou que intentará participar este ano nalgún dos días nos que se celebra o evento en Semana Santa.