Yolanda Díaz presentou a Estratexia de Seguridade e Saúde laboral


A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, asinou un novo acordo alcanzado no seo do Diálogo Social, con patronal e sindicatos, para a Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2023-2027, un acto que contou coa presenza de todos os interlocutores sociais e representantes das comunidades autónomas.

«A Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2023-2027 susténtase en dous piares fundamentais: a prevención e a colaboración, cun enfoque integral, e situando ao mesmo nivel a protección da saúde física e mental das persoas traballadoras», destacou a ministra no acto protocolario da firma.

A ministra anunciou a próxima apertura dunha mesa de diálogo social para actualizar o marco normativo da Lei de Prevención de Riscos laborais a fin de mellorar a integración da actividade preventiva das empresas, a introdución da perspectiva de xénero na xestión da prevención de riscos e o reforzamento da protección das persoas traballadoras fronte aos riscos psicosociais.