23
O expresidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, participou este martes no Paraninfo da Universidade no II Foro Educación A Coruña 2022, onde cualificou de inxustas as críticas da oposición ao Goberno polo Sahara.
O expresidente defendeu a decisión de Pedro Sánchez da que dixo que non supón un xiro na política española.
«Aí é cando se demostra se de verdade se pensa no Estado, en España ou só se pensa en a ver que oquiño hai para facer oposición e paréceme moi inxusto», sinalou Zapatero, quen ademais visitou a Casa do Concello da Coruña.