Zas celebrará o Samaín cun campamento gratuíto para a rapazada de 3 a 12 anos

1 minutes read

Con motivo da celebración do Samaín e co fin de facilitar a conciliación laboral de todas as familias con nenos e nenas matriculados en calquera dos centros de ensino de educación infantil e primania de Zas, os días 31 de outubro e 3 de novembro realizarán un campamento de Samaín

Celebrarase no Centro Sociocultural de Zas en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas, e será gratuíto. Para participar é necesario anotarse ata o xoves, 30 de outubro, en calquera destes números de teléfono: 981 718 056 (de 15:30 a 20:30 horas) ou no 981 708 303 (de 08:00 a 15:00 horas).

O Concello de Zas é un dos poucos municipios da zona que ofrece unha alternativa para as familias durante estes días non lectivos.