O Concello de Zas estuda a posibilidade de poñer en marcha unha nova medida co fin de facilitar que todos os alumnos e alumnas dos centros educativos do municipio continúen coa súa formación escolar mentras dure o confinamento causado polo COVID-19.
Unha das opcións que se estuda en coordinación co CEIP de Labarta Pose e co CPI de Zas é facilitar un pen drive a aqueles alumnos e alumnas que non dispoñan de acceso a Internet nos seus fogares ou que teñan unha sinal moi debilitada para que, desta forma, poidan descargar as tarefas nos seus propios equipos informáticos.
Por outra parte, esta semana fíxose a entrega dun equipo informático a un estudante do IES Maximino Romero de Lema cedido polo propio centro educativo. Este é un servizo de préstamo con fins unicamente educativos e que se ofrece mentres dure o confinamento.