O Concello de Zas reparte calendarios a domicilio

0 minutes read

Un equipo de traballadores municipais está a percorrer estes días o territorio municipal para deixar en cada vivenda un exemplar do calendario do Concello de Zas para o próximo ano. Un mapa cos puntos de interese máis destacados do municipio é a imaxe central do almanaque.