Esta pasada fin de semana dez nadadores-as da A.D.Fogar tomaron parte no Campionato Galego de Natación Infantil de Verán celebrado na Piscina Municipal Rosario Dueñas de Ourense con 25 clubs e 223 nadadores-as en liza. Os rapaces e rapazas callaron unha boa actuación para rematar na 6ª praza feminina, na 15ª masculina, e na 8ª conxunta por equipos. As dez medallas do campionato foron desta volta para Alba Lamas de 15 anos (4), ouro nos 50, 100 e 200 costas e prata nos 100 libres; Pedro Caamaño de 15 anos (2), bronce nos 50 e os 100 libres; Lucía Fernández de 15 anos (1), prata nos 100 bolboreta; Noa Ferreiro tamén de 15 anos (1), bronce nos 200 libres e Carla Giance de 14 anos (1) bronce nos 100 costas; ás que hai que sumar o bronce acadado pola remuda femininas dos 4×100 estilos que formaron, Alba Lamas, Carla Giance, Lucía Fernández e Noa Ferreiro. Na masculina compre destacar tamén o 5º posto de Rafael Abelenda nos 50 braza, os 13º postos de Abel Antelo nos 200 e 400 libres, o 12º de Mateo Rodríguez nos 200 estilos e a 13ª praza de Nicolás Mourelle nos 200 braza. As mellores marcas do club batéronas Alba Lamas nos 200 costas da categoría absoluta e tamén na dos 15 anos e a remuda feminina infantil dos 4×100 estilos.
0