Durante o acto, no que participou a alcaldesa Mónica Rodríguez, púxose en valor o elevado número de medallas conseguidas nos Campionatos Galegos de Sala e Aire Libre, o 2.º posto do club na Liga Galega de Aire Libre e os grandes resultados de Nicolás Soto e Yago Rellán nos Campionatos de España.
A recepción serviu tamén para agradecer o traballo do presidente saínte, José María Lema, dar a benvida ao novo presidente, Enrique Rellán, e recoñecer a todos os arqueiros e arqueiras que representaron ao club ao longo da temporada.
Un dos momentos máis emotivos chegou coa homenaxe ao adestrador Víctor Santos, en agradecemento pola súa dedicación durante tantos anos. A familia Dousxsetenta quixo amosarlle así todo o cariño e recoñecemento polo seu traballo e polo importante papel que desempeñou na evolución do club.
A xornada rematou cunha comida de confraternización, compartindo mesa e celebración como a gran familia que forma o Dousxsetenta.
Desde o Concello, transmitíronlle os parabéns a toda a familia Dousxsetenta tiro con arco por unha temporada para lembrar e por seguir levando o nome de Vimianzo polos podios galegos e estatais.

