127 pilotos inscritos para participar esta fin de semana na 18ª edición do autocrós de Carballo

1 minutes read

O salón de plenos do Concello de Carballo acollía no mediodía deste mércores a presentación da 18ª edición do autocrós de Carballo. A cita co mundo do motor será esta fin de semana, 10, 11 e 12 de xullo no circuíto municipal de Bértoa. No acto de presentación estiveron, entre outros, o alcalde, Daniel Pérez, o director da carreira, Ernesto Rumbo, o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Antonio Rodríguez Troitiño, o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Roberto García e Mar García, responsable de Política Social, Educación e Mocidade da Deputación da Coruña.

Promo do evento.

Todos coincidiron en sinalar esta terceira cita do Campionato de España de Autocross (CEAX Loterías) como unha proba como de gran calado dentro do campionato. Unha proba organizada polo Club Rally Coruña, que volverá a marcar un récord de participación, con 127 pilotos inscritos. Os horarios marcados son para o venres de 9.00 a 19.00 horas. Entrega de documentación, verificacións e adestramentos. o sábado de 12.00 a 15.00 horas. Cualificacións. De 16.00 a 20.30 horas. Primeiras e segundas mangas clasificatorias, e o domingo de 9.00 a 11.00 horas: terceiras clasificatorias. Desde as 11.00: finais e entrega de trofeos.