13 medallas e 5 récords do clube para as nadadoras e nadadores da A.D. Fogar en Ourense

1 minutes read

Os pasados 3, 4 e 5 de xullo, dez nadadores-as da A.D. Fogar tomaron parte no Campionato Galego Júnior e Absoluto de Verán celebrado na piscina municipal Rosario Dueñas de Ourense con 29 clubs e 395 nadadores-as en liza. Na categoría júnior os da A.D Fogar foron 5º masculinos, 17ª femininas e 9º conxuntos. As doce medallas júniors foron desta volta para Carlos Casal de 16 anos (4), ouro nos 100 braza, prata nos 200 braza e bronce nos 50 braza e 200 estilos; Manuel López de 16 anos (4), prata nos 50 libres e bronce nos 50, 100 e 200 bolboreta; Anxo Fuentefría de 17 anos (2), ouro nos 200 braza, e prata nos 100 braza; Carla Mourelle de 18 anos (1), prata nos 100 braza. Prata tamén para a remuda masculina júnior dos 4×200 libres que formaron Amado, Casal, Fuentefría e López. Na categoría absoluta Alba Lamas acadaba a prata nos 200 costas e por equipos fomos 12ª femininas, 16º masculinos, e 15º conxuntos. En canto aos récords do club, Alba Lamas bateu os absolutos dos 50 e 100 costas, récord absoluto tamén para a remuda feminina dos 4×200 libres que nadaron Ferreiro, Lamas, Mourelle e Rodríguez, récord dos 17 anos de Valeria Rodríguez nos 50 bolboreta e dos 16 anos de Manuel López nos 50 libres