Regresa o Mobile World Congress a Barcelona

1 minutes read

Volveu o Mobile World Congress a Barcelona tras a cancelación do ano pasado. Entre os participantes había ganas de retomar contactos despois dun ano de carencia. Esta vez celébrase con redución de aforo, probas de COVID-19, ventilación adicional e roteiros dun só sentido polo recinto. Os asistentes deben levar máscara e unha aplicación no móbil para mostrar o seu resultado de test COVID negativo. O xigante tecnolóxico chinés Huawei, é un dos poucos grandes nomes que mantén a súa caseta na feira. Empresas como Ericsson, Nokia, Intel, Sony e Qualcomm non asistiron esta vez… e Samsung, o maior fabricante de móbiles, só fará unha presentación virtual. Os organizadores esperan que acudan entre 25000 e 30000 persoas. Pouco máis dunha cuarta parte dos participantes que acudían ao evento antes da pandemia.