Cita en Pontevedra para amantes da cultura da cervexa, a gastronomía e a música

1 minutes read

Este xoves 21 de xullo presentouse en rolda de prensa FERVE Estrela Galicia, un evento de cultura de cervexa, cociña e música que terá lugar na Alameda de Pontevedra os días 16, 17 e 18 de setembro. Trátase dun evento organizado por Esmerarte Industrias Creativas, co patrocinio de Xacobeo 21-22 e Estrela Galicia e a colaboración do Concello de Pontevedra. Tamén colaboran Galicia Calidade, Artesanía de Galicia e a Fundación Galicia Sustentable, exemplo do potencial que as alianzas teñen para multiplicar o impacto positivo e a promoción da gastronomía e cultura galegas. FERVE é un evento que marida a cultura de cervexa, a gastronomía e a música cun carácter de romaría moderna. Herdando o espírito popular da Festa da Colleita, é unha celebración do presente e tamén unha mirada ao futuro.