Realizados dous simulacros de salvamento na praia de Balarés, en Ponteceso

1 minutes read

O servizo de socorrismo do Concello de Ponteceso realizou este venres dous simulacros de rescate acuático na praia de Balarés no transcurso da actividade realizada para os nenos e nenas do campamento. Uns dos simulacros consistiu nun rescate dunha vítima que estaba a nadar e simulou que tiña un problema nunha perna o que lle impedía volver a beira, o outro simulacro consistiu no rescate e reanimación cardiopulmonar doutra vítima que estaba inconsciente  na auga boca abaixo. As nenas e nenos, que foron moi participativos durante o tempo que durou a actividade, tamén aprenderon como se fai unha reanimación cartodiopulmontar e como actuar en caso de emerxencia. O alcalde de Ponteceso, Xose Lois García Carballido, estivo presente non transcurso destes exercicios de emerxencias e felicitou ós socorristas polo gran traballo que están a facer.