Novo avance nas baterías de ións de litio

1 minutes read

As baterías de ións de litio son unha innovación moito máis recente do que pensamos e só existen desde hai 25 anos, gañando gran popularidade nos últimos tempos, xa que demostraron ser valiosas para alimentar aparellos electrónicos máis pequenos, como ordenadores portátiles e teléfonos móbiles, aínda que tamén destacan os coches eléctricos. Pois ben un novo material, desenvolto por Skoltech, un centro de investigación ruso, parece que atopou unha novidade para as baterías de ións de litio dos vehículos eléctricos.

Concretamente falamos dun óxido de metal de transición rico en níquel, pero cunha microestructura modificada que achega máis enerxía por unidade de volume. Á parte debería prolongar a vida útil do cátodo e da batería en xeral. As probas realizadas, tras a súa modificación, confirmaron que o material resultante tiña a mesma capacidade de almacenamento de enerxía por unidade de masa que os actuais comercializados, pero presentaba unha maior densidade enerxética, o que permitía acumular máis enerxía no mesmo espazo.

Quizá con esta novidade se lle dea unha nova oportunidade ás baterías de ións de litio dos coches eléctricos, porque nos atopamos ante un material abocado á escaseza, xa que a maior parte da cadea de subministración mundial pertence a China e as reservas de litio non son suficientes para satisfacer os niveis de demanda previstos no mercado dos coches eléctricos e outros sectores.