O sadense Frisco Taibo e os vilalbés Marcos Peón «viven nun soño nestes momentos» como declaran eles mesmos. Despois de máis de 20 anos como djs e 10 como produtores musicais, conseguiron o recoñecemento mundial co seu track «My Kisses» remezclado polos míticos Crazibiza.
Nos últimos días recibiron o apoio de artistas internacionais tan importantes como Fedde lle Grand (Nº 19 do mundo), Lucas & Steve (Nº 84 do mundo), Sunnery James & Ryan Marciano (Nº 96 do mundo), Robbie Rivera, Antoine Clamasen, BennyBenassi ou Firebeatz; de eminencias do house como Sir Francis, SisterBliss, Judge Jules, StoneBridge, EarthNDays, Jay Veigas, David Morais, Silvio Carrano, Crystal Waters ou Black Legend, entre moitos outros.
Esta produción dos galegos Taibo e Peón tamén foi incluída nas Playlists oficiais de Spotify da canle oficial da Fórmula 1 ou Wimbledon, ademais de incluílo equipos da PremierLeague como o Liverpool FC, Celtic FC, Everton FC, PlymouthArgyleFC, Stoke City FC, Cardiff City FC, BurnleyFC, BrentfordFC, FulhamFC, Manchester City FC, WolvesFC, CrystalPalaceFC, Arsenal FC, Aston Villa ou a TFACup.
O éxito de DjFrisco e Marcos Peón chegou aos principais portais dixitais de venda de música alcanzando posicionarse nos postos máis altos:
BEATPORT:
Nº1 HYPE HOUSE
Nº14 HOUSE
Nº19 HYPE OVERALL
TRAXSOURCE:
Nº36 en HOUSE
iTUNES:
Nº1 DANCE ITALIA
Nº1 DANCE BELGICA
Nº2 HOUSE BELGICA
Nº2 OVERALL PORTUGAL
Nº2 HOUSE SUIZA
Nº2 HOUSE PORTUGAL
Nº2 DANCE PORTUGAL
Nº2 HOUSE ITALIA
Nº5 HOUSE ALEMANIA
Nº6 DANCE SUIZA
Nº10 HOUSE AUSTRALIA
Nº13 HOUSE RUSIA
Nº18 HOUSE REINO UNIDO
Nº60 HOUSE USA
Nº69 DANCE RUSIA
Nº88 DANCE ALEMANIA

Isto confirma o gran momento de forma de Frisco e Peón, que co seu anterior single, «Gloria», xunto á alemá Martina Budde, xa alcanzaron o Nº 1 de música electrónica en Itunes España, o Nº 33 de Música xeral de Itunes España, Nº 2 en Electrónica en Itunes Dinamarca e Nº 41 do Música xeral de Itunes Dinamarca