Movistar pechou 2022 con case o 70% da poboación galega con acceso a fibra óptica

2 minutes read

Movistar pechou 2022 levando fibra óptica a todos os municipios de Galicia e superando o millón e medio de fogares e negocios galegos con acceso ás súas redes ultrarrápidas. Os 313 municipios galegos dispoñen xa de polo menos algunhas unidades inmobiliarias con cobertura de FTTH, o que supón que o 68,9% da poboación galega conta xa con acceso á fibra óptica de Movistar.

Por provincias, a fibra de Movistar conecta en Pontevedra a 534.605 unidades inmobiliarias, o que supón o 74,9% da poboación; na Coruña, 638.665 unidades inmobiliarias, que supoñen o 68,3% da poboación; en Ourense, 221.915 unidades inmobiliarias, que supoñen o 66,7% da poboación da provincia; e en Lugo, 145.023 UUII, que supoñen o 59,7%.

Os traballos de despregamento continúan a bo ritmo, están a levarse a cabo en colaboración coas administracións estatais, autonómicas e provinciais, e responden o compromiso de Telefónica e o seu presidente, José María Álvarez-Pallete, de conectar toda España con esta tecnoloxía en 2025.

A conexión a través de fibra óptica pon ao dispor da cidadanía, as empresas e as institucións toda unha serie de novos servizos de comunicacións. Este aumento da cobertura de servizos de maior velocidade e calidade redunda nunha mellora das condicións de vida e as expectativas económicas da sociedade galega, especialmente en áreas rurais ás que o FTTH de Movistar vai chegando de forma progresiva.

O FTTH de Movistar permite aos clientes dispoñer de velocidades simétricas —subida e baixada— da internet a 1 Gbps ou de televisión en alta definición, ademais de opcións de teletraballo, gaming, educación ou trámites administrativos. Esta fibra óptica de calidade, combinada coa excelente cobertura móbil de Movistar en Galicia —que no caso do 3G e 4G alcanza ao 98% da poboación, mentres segue avanzando o despregamento de 5G—, convértea nunha das comunidades autónomas máis avanzadas de España e Europa respecto ao acceso da poboación á banda larga ultrarrápida.