As ameazas informáticas volvéronse máis habituais, máis potentes e máis dañinas… E convertéronse nun dos principais perigos para a Unión Europea. O sistema de defensa basearase na prevención e a detección dos ciberataques grazas a un «ciberescudo» paneuropeo formado por centros publico-privados.
O que implica confiar parte da defensa a empresas privadas… E obrigar aos estados membro a colaborar. «Ninguén pode resolver esto só. Non se poden ter preparados recursos suficientes porque non se sabe cando pode producirse un ciberataque total», apuntou a vicepresidenta da Comisión Europea, Margrethe Vestager. A política lembrou que se viron ataques «ao sistema sanitario irlandés. Vimos ataques que pasaron meses sen ser descubertos, nos que se accedeu a ministerios estranxeiros…».
Ademais, a Unión Europea vai poñer en marcha un mecanismo de emerxencia capaz de responder os ataques unha vez sexan unha realidade. Esto pasa por dotarse dunha reserva de expertos e empresas certificados que se encargarían de neutralizar a ameaza.