A 5G superará os mil millóns de subscricións neste 2022


A 5G está a escalar máis rápido que todas as xeracións anteriores de tecnoloxía móbil. Actualmente, case unha cuarta parte da poboación mundial ten acceso a este tipo de cobertura. Só durante o primeiro trimestre de 2022 engadíronse uns 70 millóns de subscricións ao 5G. Para 2027, preto de tres cuartas partes da poboación mundial poderán acceder ao 5G, segundo o último Informe de Movilidad de Ericsson. O Informe tamén destaca o papel cada vez máis importante que desempeña o acceso inalámbrico fixo (FWA) na prestación de servizos de banda ampla. Ericsson predí que o número de conexións FWA superará os 100 millóns en 2022, unha cifra que se prevé que se duplique con fartura en 2027, alcanzando case 230 millóns.