Desde a Agrupación Deportiva Fogar da Xuventude fan saber aos posibles interesados que ainda dispoñen de algunhas prazas vacantes para a tempada 2025-2026 de actividades da súa Escola de Natación en Carballo que conta coa certificación de calidade do programa nacional «Nadar é Vida» da Real Federación Española de Natación e o apoio da Deputación da Coruña e o Concello de Carballo. A programación da presente Campaña 2025 – 2026 conta con 19 grupos dun día á semana e 45 minutos de práctica distribuidos en tres niveis; iniciación para nenos e nanas nados nos anos 2019, 2020, 2021 e 2022, aprendizaxe para os nados nos anos 2016, 2017 e 2018 e dominio para os nados 2013, 2014 e 2015. As preinscricións pódense facer cumprimentando o formulario que atoparedes nesta LIGAZÓN e unha vez confirmada a praza por parte do clube procederáse co alta definitiva. No mesmo formulario tedes as prazas e os horarios dispoñibles e a información relativa aos custos da actividade que conta co respaldo do Concello de Carballo e a Deputación da Coruña.
34