Trátase dunha iniciativa dirixida ao alumnado de educación secundaria co obxectivo de mellorar a regulación emocional dos/as adolescentes e favorecer o seu benestar integral.
Durante a adolescencia, os mozos enfróntanse a numerosos retos emocionais que poden afectar tanto ao seu benestar persoal, como ao seu rendemento académico. A autoexigencia excesiva, a ansiedade ante os exames ou as dificultades para xestionar a frustración son algunhas das situacións que lles xeran angustia e malestar no seu día a día.
Co propósito de ofrecer ferramentas prácticas que promovan un desenvolvemento emocional saudable, “Regular(te) Bien” se presenta como un programa dinámico e participativo. A través de 4 talleres de 55 minutos de duración cada un e con periodicidade semanal, os estudantes traballan habilidades crave para afrontar situacións de tensión e presión académica.
Entre os contidos que se abordan destacan, a xestión da autoexigencia, axudando aos mozos para establecer expectativas realistas; o control da ansiedade ante os exames mediante técnicas de relaxación e respiración; o desenvolvemento da resiliencia para afrontar a frustración de maneira construtiva; e a mellora na xestión e organización do tempo, fomentando a planificación e o equilibrio entre as responsabilidades académicas e o benestar persoal.
O obxectivo principal deste programa, é dotar aos adolescentes de ferramentas eficaces que lles permitan mellorar o seu benestar emocional, potenciar o autoconocimiento e reforzar a súa autoestima, contribuíndo así a un desenvolvemento persoal máis equilibrado.
A asociación Vieiro agradece a colaboración dos centros educativos, así como a implicación do profesorado e dos equipos directivos, cuxa disposición foi fundamental para o desenvolvemento do programa e a participación activa do alumnado.