O Concello da Laracha pon en marcha da man de Afaber unha proposta dentro do programa municipal de envellecemento activo chamada Conecta Contigo. O proxecto desenvolverase dende o mes de outubro do 2026 ata xuño do 2027 pasando por diferentes parroquias do Concello.
A iniciativa pretende levar a cada unha delas 4 sesións que tratarán temáticas como as emocións, a risoterapia, a musicoterapia e a aromaterapia.
Tras o desenvolvemento da actividade na parroquia de Vilaño, as sesións desenvolveranse a partir deste venres día 6 de novembro de 11:30 a 13:00h en Caión, no Centro Sociocomunitario.
Todos os obradoiros estarán dinamizados pola educadora social de Afaber, Mónica Martínez. Máis info nos teléfonos: 625.980.691 / 981.75.85.45 ou no enderezo electrónico: afabercarballo@gmail.com
