Trátase dunha cifra que desde a Concellaría de Servizos, o seu titular, Miguel Vales, destaca como “un éxito de toda a cidadanía”.
Así mesmo, o servizo da canceira municipal facilitou a recuperación de dous animais por parte dos seus propietarios, o que sitúa en 266 o total acumulado de animais devoltos ás súas familias ao longo dos case 14 anos de concesión.
O traballo do servizo durante estes meses non se limitou á recollida, senón que se centrou no mantemento e a saúde dos animais custodiados, que nestes momentos son 23 cans e 1 gato, repartidos entre a canceira municipal e as instalacións de Servigal e do Hotel do Can.
Con estes datos, o Concello de Carballo reafirma o seu compromiso co benestar animal e agradece a colaboración veciñal, tanto no aviso de incidencias como na aposta pola adopción responsable fronte ao abandono.