A cápsula Orion amara con éxito | A misión Artemis I cumpre os seus obxectivos

1 minutes read

A cápsula Orion amerizou este domingo no Océano Pacífico, ao oeste de Baixa California, nos Estados Unidos. A nave cos maniquíes cargados de sensores pousouse suavemente sobre a superficie do mar, tras bater varios récords. A misión Artemis I foi un éxito. A NASA completa así o primeiro voo de proba á Lua, destinado a recompilar información sobre radiación e as forzas que sufrirán os astronautas cando voen á Lúa na misión Artemis II.

A nave Orion permaneceu 25 días e medio no espazo. Percorreu unha órbita máis longa que a que usarán os astronautas, para poñer a nave ao límite. Chegou a afastarse 434.523 Quilómetros da Terra, o que supón a distancia máis longa que alcanzou nunca unha nave destinada a transportar seres humanos.

Agora a NASA ten meses de traballo por diante, para analizar os datos dos sensores de radiación e forzas soportadas polos maniquíes, para adaptar os sistemas aos astronautas. Se todo vai ben, o ano que vén podería poñerse en marcha a misión Artemis II, esta vez con astronautas de carne e óso. Pero non aterrarán na lúa, só darán unha volta ao satélite, de forma similar a como o fixo a Orion.