A Casa da Cultura de Sada acollerá este domingo a obra  ‘O asesor e a súa encargada de negocios para as guerras’

1 minutes read

A compañía de teatro afeccionado Trota Conventos Teatro presenta en Sada a obra O asesor e a súa encargada de negocios para as guerras, unha peza escrita e dirixida por Carlos Freire que combina teatro, humor e crítica social.

A representación propón unha reflexión sobre os intereses económicos que se agochan detrás dos conflitos bélicos e o negocio da industria armamentística, abordando con ironía a relación entre o poder, o diñeiro e a guerra. A obra conta tamén cunha viñeta do debuxante Xaquín Marín, que contribúe ao ton crítico da proposta.

A función terá lugar este domingo 25 de outubro, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada. A entrada será gratuíta.