Entre as persoas feridas había unha menor de idade.
Segundo a información recollida no 112 Galicia, o sinistro produciuse arredor das nove da noite deste martes na AC-552, ao paso pola parroquia vimianceira de Berdoias.
Dous turismos bateron de fronte e, como consecuencia do impacto, catro persoas resultaron feridas, entre elas unha menor.
Nun primeiro momento, parecía necesitarían a intervención dos efectivos de rescate. Sen embargo, as persoas puideron saír polos seus propios medios, tal e como confirmaron os Bombeiros de Cee.
Pola súa parte, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 proporcionaron os coidados precisos e organizaron os correspondentes traslados.
Unha persoa queda atrapada nun vehículo tras saírse da vía en Negreira
Tiveron que intervir os Bombeiros de Santa Comba para liberar a única ocupante do turismo.
Ás 8:30 horas da mañá deste mércores, o 112 Galicia atendeu o aviso sobre o accidente, que se produciu no lugar de Salgueiróns, en Negreira.
O vehículo saíuse da vía e bateu contra un muro, de modo que, a porta da condutora quedou completamente inutilizada, mentres que a do copiloto, malia estar liberada, era inalcanzable para a persoa con escasa mobilidade nunha perna.
Así, interviñeron os Bombeiros de Santa Comba, que extraeron a persoa e facilitaron a atención do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 cuxo aviso ao 112 Galicia permitiu activar o operativo de rescate e seguridade coa incorporación dos axentes da Policía Local.
O accidente dun camión obriga a cortar un carril sentido A Coruña da AP-9 en Ordes
O CIAE 112 Galicia confirmou que, sobre as 6.35 horas deste mércores, produciuse ese envorco dun camión, á altura do punto kilómetrico 48, en dirección A Coruña, na zona de Pereira. O condutor do vehículo, con todo, resultou ileso.
