A resolución, datada o 18 de agosto de 2026 e publicada este luns 9 de novembro, considera acreditada unha infracción continuada, tipificada como «moi grave», nas licitacións convocadas pola Xunta en 2020 e 2024. A maior multa é para Pompas Fúnebres do Atlántico, con 175.601,19 euros, seguida de Enterros San Marcos, con 131.773,11 euros; Pompas Fúnebres de Arosa, con 73.500,64 euros; e Pompas Fúnebres Santa Tegra, con 26.815,29 euros. As sancións equivalen ao redor do 3% do volume de negocio total de 2025 das compañías. As multas foron por repartirse o servizo de transporte de cadáveres para o Instituto de Medicamento Legal de Galicia (Imelga) nas áreas de Vigo e Pontevedra. Ademáis das multas, a resolución establece para cada empresa unha prohibición de contratar durante seis meses en licitacións públicas convocadas en Galicia correspondentes a servizos funerarios e conexos.
0
