A decisión de Benigno Gómez de abandonar o cargo estaría motivada por razóns persoais e relacionada, principalmente, coa longa vinculación de Gómez coa política municipal. O alcalde leva preto de 40 anos ligado ao Concello, primeiro como tenente de alcalde e posteriormente como máximo responsable do goberno local. O rexedor socialista presentará a súa renuncia este xoves nun pleno extraordinario convocado polo Concello, que servirá para formalizar a súa saída da Alcaldía, á que chegou en 2007 tras recoller o testemuño de Manuel Belón, tamén do PSdeG-PSOE. A súa traxectoria política no goberno municipal comezara moito antes. Gómez xa acumulara dúas décadas como tenente de alcalde cando asumiu a máxima responsabilidade do Concello. Desde entón, encabezou a candidatura socialista nas eleccións municipais de 2007, 2011, 2015, 2019 e 2023, nas que conseguiu a maioría absoluta en todas as convocatorias. As previsións apuntan a que Miguel González Vilela, número tres da candidatura socialista nas últimas eleccións municipais podería ser unha das persoas de maior confianza do actual rexedor nos últimos anos para ocupar o posto.
0
