Alumnado de 3.º e 4.º da ESO do IES Terra de Soneira participou na primeira sesión dun programa de educación sexual integral, financiado polo Concello de Vimianzo e impartido por Noelia EdusoSex.
Durante a actividade abordáronse cuestións fundamentais na adolescencia, como o coñecemento do propio corpo, a diversidade corporal, os mitos sobre a sexualidade, a influencia das redes sociais, a pornografía e a manosfera.
Un espazo de información, diálogo e reflexión para resolver dúbidas, fomentar o pensamento crítico e promover relacións afectivas baseadas no respecto e na igualdade.
O programa desenvolverase ao longo de tres sesións, con continuidade o 1 de febreiro e o 15 de marzo de 2027.
Desde o Concello de Vimianzo reafirman o seu compromiso coa educación, a igualdade e o benestar da mocidade, apoiando iniciativas que ofrecen ferramentas para construír relacións saudables e tomar decisións libres, responsables e informadas, agradecéndolle ao IES Terra de Soneira a súa colaboración e implicación no desenvolvemento desta iniciativa.
