A Deputación da Coruña apoia a Carballo, Ordes, As Pontes, Cambre e Rianxo como museos de muralismo ao aire libre

1 minutes read

Cunha partida total de 145.850,37 euros, a institución provincial reafirma o seu compromiso coa cultura de vangarda e a transformación estética do territorio.

Entre as iniciativas beneficiarias nesta edición destacan citas xa referentes a nivel internacional como o Rexenera Fest de Carballo ou o Cromatico Mural Fest de Cambre. Así mesmo, o programa apoiará proxectos de gran valor cultural como o Viladomar en Rianxo, o programa As Pontes enPEZAS e as intervencións artísticas no concello de Ordes, un dos pioneiros do muralismo en Galiza.

As subvencións concedidas cobren até o 80% do orzamento subvencionábel de cada evento, permitindo aos gobernos locais contratar a artistas de renome e organizar actividades paralelas que fomenten o espírito crítico e a identidade local a través da imaxe.

  • Concellos beneficiarios e contías
  • A continuación detállanse as axudas concedidas para o exercicio 2026:
  • Concello de Carballo (Rexenera Fest 2026): 35.000,00 €
  • Concello de Ordes (Evento de Arte Pública 2026): 32.221,15 €
  • Concello das Pontes de García Rodríguez (As Pontes enPEZAS 2026): 28.784,23 €
  • Concello de Cambre (Cromático Mural Fest 2026): 27.924,99 €
  • Concello de Rianxo (Viladomar 2026): 21.920,00 €
  • Investimento total do programa: 145.850,37 €