Situado entre as impresionantes vistas ao mar de Razo e a lagoa de Baldaio, Espazo Nature ofrece unha experiencia única para quen busca desconectar, revitalizarse e conectar coa natureza. O complexo foi deseñado baixo criterios de sustentabilidade: emprega enerxías renovables, promove a eficiencia enerxética e aposta por materiais de construción respectuosos co entorno, reducindo ao mínimo o impacto ambiental.
O proxecto, ademais de ser un modelo de turismo responsable, contribúe á creación de emprego local e á reactivación económica da contorna rural, converténdose nun referente de como o desenvolvemento empresarial pode ir da man da protección ambiental.
Por elo, Espazo Nature foi galardoado co Primeiro Premio PEL 2025. O recoñecemento, concedido pola Deputación da Coruña este verán, distingue o labor de Espazo Nature como exemplo de innovación, responsabilidade ambiental e dinamización económica do medio rural, ao ofrecer unha proposta turística que integra a natureza, o benestar e o respecto polo entorno.
A deputada de Industria, Empresa, Medio Ambiente, Emprego e Política Demográfica da Deputación da Coruña, Rosa Ana García, visitou este sábado este refuxio único para explorar posibles colaboracións futuras entre o sector público e o privado que permitan replicar o modelo noutros territorios galegos.