A directora xeral de Persoas con Discapacidade visitou Íntegro en Cabana

1 minutes read

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, avogou por seguir actuando da man das entidades sociais para que os servizos e programas cheguen alí onde son necesarios. Así o sinalou tras visitar as instalacións da Asociación Íntegro en Cabana de Bergantiños, entidade que leva máis de 30 anos traballando no ámbito da atención ás persoas con diversidade funcional das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra. A directora xeral destacou a importancia de poñer a disposición destas persoas as ferramentas que necesitan para que poidan adquirir novas habilidades e gañar en autonomía. Neste sentido, puxo en valor o labor que realiza Íntegro nos seus centros de día, ocupacional e especial de emprego.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?