Un ano máis desde a dirección deportiva e o Club volven a apostar por Héctor Méndez como adestrador do Calvo Basket Xiria. Tras unha histórica tempada, que será difícil igualar, a Escola Bakset Xiria deposita ao seu primeiro equipo nas mans do adestrador coruñés, para dirixir ao equipo na 12ª tempada en competicion FEB (3ªFEB e Liga EBA), da que directamente Héctor é o adestrador principal nas últimas cinco campañas.
Con esta renovación o Calvo Basquet Xiria comeza o procedemento de renovación de fichaxes para configurar ao equipo que na presente tempada 2026/27 representará a Carballo na Tercera FEB . Nas vindeiras semanas irase dando información das renovacións e fichaxes de xogadores que conformarán o equipo, tamén dos xogadores junior do Club que formarán parte do mesmo.
Dende a Directiva do Clu , en conxunto con Arturo Ferraces coma Director Deportivo, a decisión de renovar a Héctor Méndez vén dada polo merecemento propio do adestrador e para dar continuidade ao o proxecto do Calvo Basket Xiria, no que o coruñés é uha peza fundamendal do seu engranaxe. Tras anos de dificultades para lograr a permanencia en 3ªFEB, esta pasada tempada o traballo de anos anteriores deu o seu “froito” e o equipo fixo historia ao proclamarse Campión da Copa Galicia de 3ªFEB e quedar 2ºclasificado no grupo AB ( 20 vitorias / 6 derrotas ), que levou por segunda vez na historia do Club, a xogar unha Fase Previa de Ascenso. Ademáis as facilidades do adestrador coruñes na súa renovación, é un feito salientable o seu compromiso, contanstacia, traballo e implicacion coa Escola Basket Basket Xiria, fi xo que ámbas partes chegasen a un rápido acordo e que Carballo desfrute un ano máis de Héctor Méndez dirixindo ao Calvo Basket Xiria nunha competición estatal, como a Terceira FEB .
Con contrastada experiencia en categorías de formación ao longo destes anos, é adestrador superior deste 2017, ademais o seu traballo nestes anos con diferentes equipos de base, fai notoria a súa vocación de formación, xa que foi dos adestradores habituais nas seleccións galegas e do organigrama da Federación Galega de Baloncesto nos anos 2009/10 e desde a tempada 2017/2022 coa Selección Cadete Masculino.
Traxectoria Deportiva Héctor Méndez:
● Adestrador CALVO BASKET XIRIA (Autonómica + Liga EBA/3ªFEB). Escola Basket Xiria. Desde Tempada 2021/22 á actual – 6 anos.
● Adestrador Axudante CALVO BASKET XIRIA (Liga EBA). Escola Basket Xiria. Desde Tempada 2019/20 e 20/21 – 2 anos.
● Adestrador BASQUET CORUÑA. Club Basquet Coruña. Desde Tempada 2005/06 ata 2018/19 – 13 anos.