A Fundación Alfredo Brañas traducirá ao galego ‘El Regionalismo’

1 minutes read
  • Trátase dunha das obras máis importantes do intelectual que dá nome á entidade: ‘El Regionalismo’, publicada orixinalmente en 1889.

O anuncio tivo lugar no marco do acto “Conversa sobre a vida e obra de Alfredo Brañas”, celebrado no Auditorio de Carballo para pechar os actos conmemorativos do 125 aniversario do nacemento de Brañas (1859-1900). No evento participaron Juan Andrés Bayón, presidente da Fundación; Valentín García, secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia; Belén Trigo, profesora de Dereito Privado na USC; e Asperxo Carolo, profesora de Filosofía na USC, coa moderación de Carmen Pomar, secretaria da Fundación. Na clausura, Juan Andrés Bayón sinalou “a importancia que ten Brañas nos nosos días, onde parece que se prima máis a forma que o fondo”, definíndoo como un intelectual “sempre con argumentos ben fundamentados e coa defensa dunha Galicia próspera dentro dunha España próspera”.