A Garda Civil do posto principal de Arteixo detivo a un home como presunto autor de 3 delitos de roubo con forza e investigou a outro como presunto autor dun delito de encubrimento.
Os feitos sucederon a raíz das denuncias interpostas polos prexudicados nas dependencias oficiais da Garda Civil en Arteixo, comunicando en todas que autor ou autores descoñecidos accederan con forza a alpendres próximos á súa vivenda, subtraendo do seu interior diferentes ferramentas.
A Garda Civil iniciou unha investigación en aras de constatar a veracidade das mesmas, a recuperación dos efectos subtraídos e a identificación do autor ou autores dos ilícitos no seu caso.
Tras a análise exhaustiva da información solicitada, os gardas civís actuantes lograron a identificación do presunto autor e a localización dos obxectos subtraídos.
Unha vez coñecida a identidade a Garda Civil procedeu á detención desta persoa, veciña da Laracha, como presunto autor de tres delitos de roubo con forza, no transcurso da mesma, un familiar é sorprendido tratando de desfacerse das ferramentas subtraídas lanzándoas a un monte próximo, polo que se procedeu á súa investigación como presunto autor de un delito de encubrimento.
12