A IX Carreira do Apóstolo de Vilaño reafirma a súa aposta pola inclusión e a accesibilidade

1 minutes read

A novena edición da Carreira do Apóstolo e Andaina Solidaria de Vilaño, na Laracha, reafirma o seu compromiso cun deporte inclusivo e accesible como ferramenta para crear comunidade. A organización anima a todas as persoas da provincia da Coruña a achegarse a Vilaño o sábado 18 de xullo para desfrutar desta gran festa do deporte.

Promo do evento.

O evento, organizado pola Asociación Cultural Adro de Vilaño, reforza o seu espírito comunitario cunha aposta clara pola accesibilidade: a carreira absoluta manterá a distancia de 7km que estreou na pasada edición. A Andaina, que xa leva recadados máis de 5.000 € para causas sociais, percorrerá unha distancia de 3,5km, facilitando a participación de todas as persoas que desexen asistir. Ambas probas están abertas a todas as idades, con distancias adaptadas e cun prezo de 7€ para adultos e gratis para menores de idade. Dada a boa acollida da VIII edición, tamén este ano haberá unha MasterClass gratuíta de Salsation, baile fitness, para que cada persoa desfrute do deporte á súa maneira durante a xornada.

Grazas á colaboración coa Fundación ENKI, todas as persoas que necesiten material deportivo adaptado poderán solicitalo de forma gratuíta enviando un correo a deporte@enkiproyecto.com ou a través da súa web oficial: https://www.enkiproyecto.com/prestamo-material-deportivo.

Neste contexto, o colectivo Empujando Sonrisas, cuxo obxectivo principal é difundir unha mensaxe de inclusión e integración dentro do mundo do atletismo popular, xa confirmou a súa presenza na proba. Tamén responderon ao chamamento na pasada edición Mi Princesa Rett e Marines ENKI, cos que a organización espera contar de novo este ano.

Inscricións na web de Carreiras Galegas:
https://www.carreirasgalegas.com/events/ix-carreirado-apstolo-a-laracha/4mVoog9p

Inscricións presenciais: Casa da Cultura, Piscina Municipal e Tempo Training and Social Center.