58
- Os seis galardóns suman un total de 700 euros en vales de compra para gastar no comercio local
O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e a concelleira de Igualdade, Rocío López, entregaron este venres os premios do concurso fotográfico ‘Día da Muller Rural’.
Cada categoría contou con tres premios consistentes en vales de 200, 100 e 50 euros para gastar nos establecementos comerciais do termo municipal. As imaxes gañadoras foron as que recibiron un maior número de megusta no facebook municipal.
Categoría “Mulleres rurais do pasado”
- 1º Premio: “As vodas do pasado: Un día de voda” de María del Carmen Iglesias Fraga.
- 2º Premio: “Abuela Xoana” de María Sánchez Tuset.
- 3º Premio: “Nena chamando á corda unha parella de vacas” de José Souto Pallas.
Categoría “Mulleres rurais do presente”
- 1º Premio: “María levando o tractor” de Laura Gayoso Mareque.
- 2º Premio: “Cocendo no pan” de María Sánchez Tuset.
- 3º Premio: “Amor de sacho” de Alberto Méndez Faquet.