O Consello da Xunta aprobou este luns o Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais (Pladiga) para este ano que vai contar con máis de 7.000 profesionais que desenvolverán a súa actividade durante oito meses, no caso dos integrantes das brigadas dependentes da Xunta, segundo anunciou o presidente Alfonso Rueda, quen explicou que entre as principais novidades na loita contra os incendios está o incremento dun 20 % no orzamento destinado á formación deses profesionais. Serán 1,8 millóns de euros en dous anos. Ademais neste 2025 incorpórase ao Pladiga a figura de xefe de loxística, que desenvolverá a súas funcións nos incendios máis complexos. O plan contará con 30 medios aéreos, entre avións e helicópteros, e 380 motobombas. Amais, como se vén facendo nos últimos anos, neste exercicio tamén se actualiza a listaxe de parroquias de alta actividade incendiaria. O Pladiga márcase o obxectivo de que ardan menos de 18.554,5 hectáreas en 2025.
12