A Mesa pola Normalización loa o traballo de dous policías locais de Carballo pola creación da App XesPol

1 minutes read
  • Na actualidade é empregada en 29 municipios, aínda que, sorprendentemente “Carballo segue sen desfrutar dela, utilizando unha “parecida” feita en Almería, e de pago”.

A Mesa pola Normalización Lingüística recoñeceu o valor da plataforma XesPol, creada polos policías locais de Carballo Kathy Pena e Manuel Fuentes, e que permite centralizar en galego os trámites administrativos, penais e de tráfico que precisan os axentes para a elaborar os expedientes.

Esta ferramenta, a única plataforma policial bilingüe en España, foi cedida gratuitamente aos concellos galegos e na actualidade é empregada en 29 municipios; aínda que afirman “Carballo segue sen desfrutar dela, utilizando unha “parecida” denominada Appolo feita en Almería, e de pago”.

Por este motivo, e tamén para felicitar aos axentes, o presidente da Mesa, Marcos Maceira, dirixiuse ao alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, para instalo a que incorpore este aplicativo no seu Concello, xa que “o mellor recoñecemento público ao seu labor debe ser incorporar o aplicativo á súa xestión e garantir a presenza da lingua galega”.

Así funciona a aplicación Xespol en concellos galegos como Poio, agora xá con aplicación bilingüe

Presentación da aplicación no concello de Poio. Imaxe.- Canal 7 Rias Baixas.