Frisco Taibo opta aos Premios Nacionais de Radio, os Ondas 2023, con 3 candidaturas

1 minutes read

Entre as inscricións recibidas para esta 70 edición dos Ondas desde 17 paises, están aceptadas as tres de Frisco Taibo, o coñecido radio Dj coruñés opta ao Ondas na categoría Nacional de Radio como mellor programa de radio de proximidade, polo seu radio show internacional Hit Clubbin’ e polo seu programa matinal de 4 horas “As Mañás de Frisco” de Nova Hit. Ademais opta ao premio Ondas tamén pola súa traxectoria á mellor labor profesional.

A comunicación do fallo do xurado sera o día 18 de outubro ás 17:00h a través da radio no programa La Ventana da Cadea SER.

O xurado estará composto de 25 membros repartidos en 5 xurados que valorarán as candidaturas presentadas en cada categoría: Nacional de Radio, Nacional de Publicidade en Radio, Nacional de Televisión, Nacional de Música, Internacional de Radio e Internacional de Televisión. Cada xurado elixirá a un presidente co fin de garantir a aplicación das normas do regulamento interno aprobado polo secretario xeral dos Premios Ondas.

Nesta 70ª edición dos Premios Ondas, optan aos premios nacionais aqueles traballos realizados e emitidos en España, nalgunha das súas linguas oficiais, durante o período comprendido entre o 1 de outubro de 2022 e o 30 de setembro de 2023. E aos premios internacionais, os traballos realizados en calquera país durante o mesmo período de tempo.
Os xurados outorgarán un total de 22 Premios Ondas distribuídos nas seguintes categorías: 2 Premios Ondas Internacionais e 20 Premios Ondas Nacionais.